Boo Boo Davis “One Chord Blues”

Imos con uns cantos álbumes recomendados antes do fin de semana. De primeiro, o novo de Boo Boo Davis. Nos últimos anos estase a converter no meu bluesman favorito, xa vos comentamos noutras ocasións pinceladas da súa vida e carreira, pero ahí segue, con 72 anos e publicando un álbum tras doutro desde o mesmo delta do Mississippi. O seu novo traballo é “One Chord Blues”, que inclúe material novo e outras pezas xa coñecidas a modo de pequena revisión de temas dos seus últimos anos, algúns deles están incluídos tal cual estaban recollidos en álbumes anteriores, outros grabados de novo, e algunha peza que non fora publicada, e todo grabado en directo de estudio para recoller toda a forza da súa harmónica e a voz rasgada, só acompañado John Gerritse na batería e Ene Mittendorp coa guitarra. Son 16 cortes, alternado temas novos e vellos, revisando pezas propias e tradicionais, todo pasado polo seu particular blues eléctrico, pero sinxelo, directo e contundente. Perfecto para quen queira comezar con Boo Boo Davis. Eu podería escoitalo hipnotizado durante horas.

Leave a Reply